¿Qué somos?

A Asociación de Desenvolvemento Comarcal Terra Chá é una asociación sen ánimo de lucro que integra e representa a axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos públicos e privados, interesados en promover o desenvolvemento no seu territorio.

¿Quén somos?

Na Asociación Terra Cha rexe o principio de portas abertas, tanto para incorporación de novos asociados como para quen queira deixar de selo.

Formámola un conxunto representativo dos interlocutores de diferentes sectores socioeconómicos con arraigamento e cun carácter equilibrado no plano territorial. Non poden formar parte persoas físicas e sociedades mercantís pero sí as entidades da economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.

Órganos da Asociación

Colexiados
    Asamblea Xeral
        Xunta Directiva

• Presidente/a: Fe Legaspi Valiña
• Vicepresidente/a: José Ulla Rocha
• Secretario/a: Jaime González Penelas
• Tesorero/a: José Antonio López Sierra

Comisión Permanente
    Mesas Sectoriais e Número de Representantes na Xunta Directiva

• Dos servizos turísticos no medio rural (1)
• Da carne e leite (2)
• Da formación para o desenvolvemento e novas tecnoloxías (2)
• Da multiproducción local (1)
• Do sector forestal: aproveitamento do soutobosque e biomasa (1)
• Do comercio, pequena empresa e artesanía (1)
• Da biodiversidade e recursos naturais: caza e pesca (1)
• Do patrimonio, cultura, deportes e etnografía (1)
• De asuntos sociais (1)
• Institucional (10)

Comisión Permanente
    Asociados Fundadores por Mesas Sectoriais

• Formación para o desenvolvemento e novas tecnoloxías (39)
• Patrimonio, cultura, deportes e etnografía (28)
• Carne e leite (23)
• Sector forestal: aproveitamento do soutobosque e biomasa (17)
• Biodiversidade e recursos naturais: caza e pesca (14)
• Institucional (10)
• Asuntos sociais (7)
• Comercio, pequena empresa e artesanía (6)
• Multiproducción local (3)
• Servizos turísticos no medio rural (3)
Total: 150

Equipo Técnico

• Xerente: Fernando Soto-Camino Rosado
• Técnico: Mª Carmen Goás Miragaya

¿En qué territorio traballamos?

Comezamos nos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade. Pero actualmente abranguemos 10 concellos tras sumarse Riotorto.

¿Cando se creou?

O 7 de xullo de 2008 para concurrir á xestión do Programa “Leader Galicia 2007-2013, e ese mesmo día aprobáronse os estatutos.

Funcións do GDR

Como Grupo de Desenvolvemento Rural levamos a xestión do Programa Leader 2014-2020 no noso territorio. O GDR é unha entidade colaboradora da AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o ente da Xunta que coordina o desenvolvemento rural) e no marco das nosas competencias correspóndenos:

- Promover a dinamización territorial e a movilización social.
- Valorización do medio rural en xeral e do territorio en particular.
- Facilitar a participación da poboación nas accións de desenvolvemento.
- Atender ao público en oficinas abertas.
- Asesorar aos beneficiarios das axudas da estratexia de desenvolvemento local e informar das obrigas que asumen no caso de percibir algunha.
- Seleccionar proxectos con cargo ao orzamento dispoñible.

about

CÓMO SER ASOCIADO

Tes que presentar unha solicitude de ingreso ante o presidente xunto coa seguinte documentación:
- Acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado.
- Acordo do órgano competente nomeando a persoa que representará á asociación.
- Inscrición da Xunta Directiva no Rexistro Administrativo correpondiente.
- O novo socio que solicite a entrada na asociación, deberá acreditar, como mínimo, un ano de actividade no ámbito territorial da Asociación.
- Copia dos Estatutos
- Copia da Acta de Constitución
- Copia do C.I.F. da entidade e do N.I. F. do representante

Regulamento interno

Pode consultar o noso regulamento interno na seguinte ligazón: Regulamento Interno

Estatutos

Pode consultar os nosos estatutos na seguinte ligazón: Estatutos Sociales

Solicitude de ingreso

Pode descargar o Modelo de solicitude de ingreso e ficha de asociado na seguinte ligazón: Modelo