Reunión Xunta Directiva do GDR Terra Chá – Abril 2025
Onte 23 de abril de 2024, tivo lugar a reunión da Xunta Directiva do GDR Terra Chá. Nela
informouse que AGADER nos próximos días publicará as bases reguladoras do Leader 23- 27 e
convocatoria de axudas Leader do ano 2025. O prazo para presentar as solicitudes de axuda
será dun mes dende a publicación no DOG.
Os fondos que dispondrá, na convocatoria de axudas 2025, o GDR Terra Chá estarán próximos
os 600.000 €. Estes repartiranse en tres tipoloxías de proxectos: proxectos produtivos
(destinado a empresas, autónomos, cooperativas) corresponderanlle sobre 417.000 €,
proxectos non produtivos públicos corresponderanlle sobre 149.000 € e proxectos non
produtivos privados (destinado a proxectos de asociación privada) correspondenlle sobre
30.000 €.

Os interesados dos concellos de: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A
Pastoriza, Riotorto, Xermade e Vilalba poden solicitar información nas oficinas do GDR Terra
Chá (Rúa Carmiña prieto Rouco, s/n, 27800 Vilalba) ou chamando por teléfono 982 51 23 69